QR code
Antón Pérez Cribeiro's avatar

Antón Pérez Cribeiro

A Coruña, Galiza

Antonio (Antón) Pérez Cribeiro. Estou comprometido co ben común e coa xestión pública da sanidade, da educación, da xustiza, do social e do ambiental. Son biólogo, licenciado con grao. Completei os Estudos Avanzados de Terceiro Ciclo (DEA) no programa de doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural pola Universidade de Santiago de Compostela, e tamén un Máster en Avaliación de Impacto Ambiental. Na década de 1990 desenvolvín o meu labor profesional no ámbito da bioloxía pesqueira, marisqueira e da acuicultura. Conto tamén con titulación e experiencia como mergullador profesional. Realicei o servizo militar no laboratorio de Microbioloxía do Hospital Naval de Ferrol. Desde o ano 2002 son funcionario de carreira do subgrupo A1 no Concello da Coruña. Entre 2002 e 2015 exercín como conservador xefe de bioloxía mariña no Aquarium Finisterrae, participando en campañas oceanográficas como DIVA a bordo do B/O Hespérides e do B/O Sarmiento de Gamboa. Ao longo desta etapa desenvolvín unha intensa actividade divulgadora, con publicacións en medios sectoriais e xeralistas —blogs, prensa escrita, revistas e libros— así como conferencias, programas de radio, edición de vídeo e documentais para canles e espazos de divulgación científica como Redes, entre outros. Desde 2015 traballo na Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña. Ata 2025 desempeñei funcións como biólogo en ámbitos como a biodiversidade, a renaturalización urbana, as praias, a costa e o litoral, así como na xestión de espazos verdes. Participei en proxectos de alcance local, estatal e europeo, incluíndo iniciativas como Connecting Nature e Horizon 2020. Desde xuño de 2025 coordino a Sección de Inspección Ambiental do Concello da Coruña.